Programa Integrado de Emprego de Confederación de Empresarios de La Coruña 2021/22

O Programa Integrado de Emprego de Confederación de Empresarios de La Coruña 2021/22, é un proxecto intregrado de emprego con intermediación laboral, gratuito, da Confederación de Empresarios de La Coruña, financiado pola Consellereía de Emprego e Igualdade, cuxo obxectivo é mellorar a empregabilidade e a inserción laboral de 100 persoas traballadoras desempregadas da Coruña, pertencentes aos colectivos identificados como prioritarios.

Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa consistente de 7€ por cada 5 horas de conexión.

OBXECTIVOS XERAIS

Primeiro Obxectivo

Facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas participantes no Plan

Segundo Obxectivo

Aumentar a súa formación e habilidades para a inserción laboral, mellorando os seus coñecementos, actitudes e aptitudes para a empregabilidade.

Tercer Obxectivo

Levar a cabo procesos de intermediación laboral entre empresas e os participantes

COLECTIVOS BENEFICIARIOS

Persoas da Coruña en situación de desemprego.
Persoas desempregadas con discapacidade 5
Persoas desempregadas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social 5
Mulleres desempregadas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero 5
Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación 35
Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas 20
Persoas desempregadas maiores de 45 15
Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI) 5
Mulleres desempregadas 5
Persoas desempregadas migrantes 5
Total 100

ASPECTOS INNOVADORES

  • Metodoloxía adaptada ás necesidades dos usuarios
  • Uso de novas tecnoloxías para favorecer a comunicación cos usuarios e o acceso aos contidos do programa
  • Uso de redes sociais para conseguir unha mellor comunicación
  • Canles de  comunicación cos orientadores/as do Programa, para interactuar entre eles en todo momento, para facilitar a resolución de dúbidas ou calquera cuestión que se lle poda presentar o usuario/a ante unha entrevista de traballo e que requira dunha resposta rápida e o máis inmediata posible.
  • Aula virtual que permitirá a interacción do profesorado en tempo real a través dun escenario de ensino sincrónico. Permitindo tamén poder ver as clases gravadas en diferido.
  • Modalidade teleformación para que as persoas beneficiarias poidan aprender ao seu propio ritmo.

MEDIDAS DE CONCILIACIÓN

  • Aposta polo uso de novas tecnoloxías para reducir a presencialidade e facilitar o seguimento das accións.
  • Adaptación horarios, principalmente nas accións individuais, ás necesidades das persoas usuarias.
  • Amplas posibilidades de interacción e participación, favorecendo a iteración flexibilidade, adaptación a cada usuario.
  • Adecuación de horarios das actividades programadas a horario escolar
  • Sensibilización transversal en cada unha das actividades do proxecto
  • Persoalización e adaptación das actividades do programa ás necesidades dos usuarios
  • Servizo de gardería e asistencia a dependentes: convenio con centros especializados de atención

CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA

Os beneficiarios/as do proxecto gozarán da formación a partir de xaneiro de 2022, divididas en:
PROPOSTA FORMATIVA
Formación Transversal: A sinatura Dixital – Teleformación (20 horas)
Hacking ético e Ciberseguridade – Teleformación (60 horas)
Inglés B1 – Aula Virtual (240 horas)
Formación para o emprego: ESPECIALIDADES FORMATIVAS INCLUIDAS NO CATÁLOGO DE ESPECIALIDADES DO SEPE:
Deseño e Xestión de Proxectos Culturais – Presencial (200 horas)
Xestión de recursos Humanos – Aula Virtual (50 horas)
Técnicas de animación de grupos – Presencial (40 horas)
Conducción de carretillas elevadoras – Presencial+Online (30 horas)
Habilidades de Venda – Aula Virtual (35 horas)
Manipulador/a de alimentos – Teleformación (10 horas)
Ecoturismo – Aula Virtual (60 horas)
Redes Sociais e Marketing 2.0. – Aula Virtual (60 horas)

OUTRA FORMACIÓN:
Dinamización do Medio Rural – Aula Virtual (60 horas)
Acreditación Docente para a Teleformación – Teleformación (60 horas)

Obradoiros: Emprendemento: Nocións – Teleformación (36 horas)
Desenvolvemento organizacional. Coaching de equipos – Aula Virtual (25 horas)
Intelixencia emocial na empresa e xestión de cualidades – Aula Virtual (40 horas)
Habilidades sociolaborais: Comunicación, Intelixencia Emocional e Traballo en equipo – Aula Virtual (20 horas)
Mobilidade intelixente para un futuro post-COVID19 – Teleformación (20 horas)

NECESITAS TRABALLADORES/AS PARA A TÚA EMPRESA?

Este programa invita a tódalas empresas que desexen contratar persoal a poñerse en contacto coa CEC a través de pie@cec.es

Programas Integrados de Emprego de Galicia