Programa Integrado de Emprego da CEC 2020-2021

O Programa Integrado de Emprego da CEC 2020-2021, é un proxecto intregrado de emprego con intermediación laboral, gratuito, da Confederación de Empresarios de La Coruña, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, cuxo obxectivo é mellorar a empregabilidade e a inserción laboral de 100 persoas traballadoras desempregadas da Coruña, pertencentes aos colectivos identificados como prioritarios.

Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa consistente de 7€ por cada 5 horas de conexión.

OBXECTIVOS XERAIS

Primeiro Obxectivo

Facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas participantes no Plan

Segundo Obxectivo

Aumentar a súa formación e habilidades para a inserción laboral, mellorando os seus coñecementos, actitudes e aptitudes para a empregabilidade.

Tercer Obxectivo

Levar a cabo procesos de intermediación laboral entre empresas e os participantes

COLECTIVOS BENEFICIARIOS

Persoas da Coruña en situación de desemprego.
Persoas desempregadas con discapacidade 5
Persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) 5
Persoas desempregadas mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero 5
Menores de 30 anos 65
Migrantes 5
Persoas desempregadas maiores de 45 anos 5
Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción 5
Mulleres 5
Total 100

ASPECTOS INNOVADORES

  • Metodoloxía adaptada ás necesidades dos usuarios
  • Uso de novas tecnoloxías para favorecer a comunicación cos usuarios e o acceso aos contidos do programa
  • Uso de redes sociais para conseguir unha mellor comunicación
  • Canles de  comunicación cos orientadores/as do Programa, para interactuar entre eles en todo momento, para facilitar a resolución de dúbidas ou calquera cuestión que se lle poda presentar o usuario/a ante unha entrevista de traballo e que requira dunha resposta rápida e o máis inmediata posible.
  • Aula virtual que permitirá a interacción do profesorado en tempo real a través dun escenario de ensino sincrónico. Permitindo tamén poder ver as clases gravadas en diferido.
  • Modalidade teleformación para que as persoas beneficiarias poidan aprender ao seu propio ritmo.

MEDIDAS DE CONCILIACIÓN

  • Aposta polo uso de novas tecnoloxías para reducir a presencialidade e facilitar o seguimento das accións.
  • Adaptación horarios, principalmente nas accións individuais, ás necesidades das persoas usuarias.
  • Amplas posibilidades de interacción e participación, favorecendo a iteración flexibilidade, adaptación a cada usuario.
  • Adecuación de horarios das actividades programadas a horario escolar
  • Sensibilización transversal en cada unha das actividades do proxecto
  • Persoalización e adaptación das actividades do programa ás necesidades dos usuarios
  • Servizo de gardería e asistencia a dependentes: convenio con centros especializados de atención

CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA

Os beneficiarios/as do proxecto gozarán da formación a partir de xaneiro de 2021, divididas en:
PROPOSTA FORMATIVA
Formación Transversal: Copywriting
Galego
Inglés Oral
Ciberseguridade
Formación para o emprego: Curso 1: Acreditación Docente para Teleformación
Curso 2: Atención a persoas dependentes
Curso 3: Carretilla elevadora e traspaleta
Curso 4: Dinamizador/a do Medio Rural
Curso 5: Manipulador de Alimentos
Curso 6: Monitor/a de tempo libre

Formación acreditable:
SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego
ADGG0408- Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais

Obradoiros: Coaching de vida
Elaboración de CV e presentacións profesionais eficaces
Entrevista de traballo
Habilidades sociolaborais: Oratoria
Intelixencia emocional para a procura de emprego (allea ou propia)
Obradoiro de mobilidade xeográfica
Procura de emprego a través da rede
Viabilidade e plan de negocio: Emprendemento

NECESITAS TRABALLADORES/AS PARA A TÚA EMPRESA?

Este programa invita a tódalas empresas que desexen contratar persoal a poñerse en contacto coa CEC a través de pie@cec.es

ESTÁS SEN EMPREGO OU NECESITAS ORIENTACIÓN?

Programas Integrados de Emprego de Galicia