Programa Integrado de Emprego de Confederación de Empresarios de La Coruña 2022/23
O Programa Integrado de Emprego de Confederación de Empresarios de La Coruña 2022/23, é un proxecto intregrado de emprego con intermediación laboral, gratuito, da Confederación de Empresarios de La Coruña, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, cuxo obxectivo é mellorar a empregabilidade e a inserción laboral de 100 persoas traballadoras desempregadas da Coruña, pertencentes aos colectivos identificados como prioritarios.
Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa consistente de 7€ por cada 5 horas de aproveitemento das accións.
OBXECTIVOS XERAIS
Primeiro Obxectivo
Facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas participantes no Plan
Segundo Obxectivo
Aumentar a súa formación e habilidades para a inserción laboral, mellorando os seus coñecementos, actitudes e aptitudes para a empregabilidade.
Tercer Obxectivo
Levar a cabo procesos de intermediación laboral entre empresas e os participantes
COLECTIVOS BENEFICIARIOS
Persoas da Coruña en situación de desemprego.
Persoas desempregadas con discapacidade | 5 |
Persoas desempregadas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social | 5 |
Mulleres desempregadas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero | 5 |
Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación | 35 |
Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas | 20 |
Persoas desempregadas maiores de 45 | 15 |
Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI) | 5 |
Mulleres desempregadas | 5 |
Persoas desempregadas migrantes | 5 |
Total | 100 |
ASPECTOS INNOVADORES
- Metodoloxía adaptada ás necesidades dos usuarios
- Uso de novas tecnoloxías para favorecer a comunicación cos usuarios e o acceso aos contidos do programa
- Uso de redes sociais para conseguir unha mellor comunicación
- Canles de comunicación cos orientadores/as do Programa, para interactuar entre eles en todo momento, para facilitar a resolución de dúbidas ou calquera cuestión que se lle poda presentar o usuario/a ante unha entrevista de traballo e que requira dunha resposta rápida e o máis inmediata posible.
- Aula virtual que permitirá a interacción do profesorado en tempo real a través dun escenario de ensino sincrónico. Permitindo tamén poder ver as clases gravadas en diferido.
- Modalidade teleformación para que as persoas beneficiarias poidan aprender ao seu propio ritmo.
MEDIDAS DE CONCILIACIÓN
- Aposta polo uso de novas tecnoloxías para reducir a presencialidade e facilitar o seguimento das accións.
- Adaptación horarios, principalmente nas accións individuais, ás necesidades das persoas usuarias.
- Amplas posibilidades de interacción e participación, favorecendo a iteración flexibilidade, adaptación a cada usuario.
- Adecuación de horarios das actividades programadas a horario escolar
- Sensibilización transversal en cada unha das actividades do proxecto
- Persoalización e adaptación das actividades do programa ás necesidades dos usuarios
- Servizo de gardería e asistencia a dependentes: convenio con centros especializados de atención
CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA
Os beneficiarios/as do proxecto gozarán da formación a partir de xaneiro de 2023, divididas en:
PROPOSTA FORMATIVA | |
Formación Transversal: | ELEE034PO Blockchain – Presencial (25 horas) ARGG002PO Diseño gráfico vectorial con adobe illustrator (básico)- Presencial (80 horas) FCOE10 Inglés Intermedio- Presencial (36 horas). ADGD056PO Creación de Empresas on-line- Teleformación (60 horas) ADGG071PO Redes Sociais e empresa- Teleformación (40 horas) SSCE001PO Teleformación para docentes- Teleformación (50 horas) |
Formación para o emprego: | ESPECIALIDADES FORMATIVAS INCLUIDAS NO CATÁLOGO DE ESPECIALIDADES DO SEPE: SSCB01 Deseño e Xestión de Proxectos Culturais – Presencial (200 horas) ADGG077PO Técnicas Administrativas- Teleformación (50 horas) FCOM01 Manipulador de Alimentos- Presencial (10 horas) SSCB004PO El deporte como herramienta dinamizadora- Presencial (30 horas) AFDA005PO Deporte para personal con discapacidade intelectual- Presencial (20 horas) ADGD079PO Deseño e avaliación de proxectos sociais- Presencial (45 horas) ADGD29 Ley de Igualdade e Violencia de Xénero- Presencial (20 horas) COMT05 Visual merchandising y escaparatismo en el sector re-tail- Teleformación (90 horas) OUTRA FORMACIÓN: |
Obradoiros: | ADGD089PO Emprendemento: Nocións – Teleformación (36 horas) TMVI06Mobilidade intelixente para un futuro post-COVID19 – Teleformación (20 horas) Habilidades Sociolaborais- Presencial (5 horas) Simulacións de entrevistas – Presencial (5 horas) Intelixencia emocional – Presencial (5 horas) Coaching de vida e técnicas de motivación- Presencial (5 horas) |