Programa Integrado de Emprego da Confederación de Empresarios de La Coruña 2023/24
O Programa Integrado de Emprego de Confederación de Empresarios de La Coruña 2023/24, é un proxecto intregrado de emprego con intermediación laboral, gratuito, da Confederación de Empresarios de La Coruña, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cuxo obxectivo é mellorar a empregabilidade e a inserción laboral de 100 persoas traballadoras desempregadas da Coruña, pertencentes aos colectivos identificados como prioritarios.
Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa consistente de 10€ por cada día de aproveitemento das accións.
OBXECTIVOS XERAIS
Primeiro Obxectivo
Facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas participantes no Plan
Segundo Obxectivo
Aumentar a súa formación e habilidades para a inserción laboral, mellorando os seus coñecementos, actitudes e aptitudes para a empregabilidade.
Tercer Obxectivo
Levar a cabo procesos de intermediación laboral entre empresas e os participantes
COLECTIVOS BENEFICIARIOS
Persoas da Coruña en situación de desemprego.
Persoas desempregadas con discapacidade | 5 |
Persoas desempregadas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social | 10 |
Mulleres desempregadas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero | 5 |
Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación | 35 |
Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas | 20 |
Persoas desempregadas maiores de 45 | 10 |
Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI) | 5 |
Mulleres desempregadas | 5 |
Persoas desempregadas migrantes | 5 |
Total | 100 |
ASPECTOS INNOVADORES
- Metodoloxía adaptada ás necesidades das persoas usuarias
- Uso de novas tecnoloxías para favorecer a comunicación coas persoas usuarias e o acceso aos contidos do programa
- Uso de redes sociais para conseguir unha mellor comunicación
- Canles de comunicación coas orientadoras do Programa, para interactuar en todo momento e facilitar a resolución de dúbidas ou calquera cuestión que se lle poda presentar á persoa usuaria ante unha entrevista de traballo e que requira dunha resposta rápida e o máis inmediata posible.
- Aula virtual que permitirá a interacción do profesorado en tempo real a través dun escenario de ensino sincrónico. Permitindo tamén poder ver as clases gravadas en diferido.
MEDIDAS DE CONCILIACIÓN
- Aposta polo uso de novas tecnoloxíaspara reducir a presencialidade e facilitar o seguimento das accións
- Adaptación horarios, principalmente nas accións individuais, ás necesidades das persoas usuarias
- Amplas posibilidades de interacción e participación, favorecendo a iteración flexibilidade, adaptación a cada persoa usuaria.
- Adecuaciónde horarios das actividades programadas a horario escolar
- Sensibilización transversalen cada unha das actividades do proxecto
- Persoalización e adaptación das actividadesdo programa ás necesidades dos usuarios
- Servizo de gardería e asistencia a dependentes: convenio con centro especializado de atención
CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA
Os beneficiarios/as do proxecto gozarán da formación a partir de xaneiro de 2023, divididas en:
PROPOSTA FORMATIVA | |
Formación Transversal: | SSCE03- Inglés B1 (240 horas). Presencial IFCM012PO- Sinatura Dixital (20 horas). Teleformación ADGG052PO: Office: Word, Excel, Access y PowerPoint (60horas). Presencial Preparación para o Celga 2 (20 horas). Presencial |
Formación para o emprego: | SSCB012PO- Monitor/a de Tempo Libre (60 horas).Presencial SSCG074PO- Teleasistencia (50 horas). Teleformación SSCB018PO- Entornos Inclusivos de Ocio( 35 horas).Presencial ADGG077PO- Técnicas Administrativas (50 horas). Teleformación COML001PO- Conducción de carretillas elevadoras (20 horas). Presencial COMM017PO- Plan de Marketing e Organización de vendas (35 horas). Teleformación FCOM01- Manipulador/a de alimentos (10 horas). Presencial HOTU001PO- Ecoturismo (60 horas). Presencial FCOO02- SENSIBILIZACIÓN NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES (20 horas). Presencial Curso de fotografía e Video con móvil (15 horas). Presencial Acreditación Docente para a Teleformación (60 horas). Teleformación |
Obradoiros: | ADGD089PO Emprendemento: Nocións – Teleformación (36 horas) TMVI06Mobilidade intelixente para un futuro post-COVID19 – Teleformación (20 horas) Habilidades Sociolaborais- Presencial (5 horas) Simulacións de entrevistas – Presencial (5 horas) Intelixencia emocional – Presencial (5 horas) Coaching de vida e técnicas de motivación- Presencial (5 horas) |