Programa Integrado de Emprego da CEC 2019-2020
O Programa Integrado de Emprego da CEC 2019-2020, é un proxecto intregrado de emprego con intermediación laboral, gratuito, da Confederación de Empresarios de La Coruña, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, cuxo obxectivo é mellorar a empregabilidade e a inserción laboral de 100 persoas traballadoras desempregadas da Coruña, pertencentes aos colectivos identificados como prioritarios.
Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa consistente de 5€/día por asistencia.
OBXECTIVOS XERAIS
Primeiro Obxectivo
Segundo Obxectivo
Tercer Obxectivo
COLECTIVOS BENEFICIARIOS
Persoas desempregadas con discapacidade | 5 |
Persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) | 5 |
Persoas desempregadas mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero | 5 |
Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación | 35 |
Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas | 35 |
Persoas desempregadas maiores de 45 anos | 5 |
Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción | 5 |
Mulleres | 5 |
Total | 100 |
ASPECTOS INNOVADORES
- Metodoloxía adaptada ás necesidades dos usuarios
- Uso de novas tecnoloxías para favorecer a comunicación cos usuarios e o acceso aos contidos do programa
- Uso de redes sociais para conseguir unha mellor comunicación
- Canles de comunicación cos orientadores/as do Programa, para interactuar entre eles en todo momento, para facilitar a resolución de dúbidas ou calquera cuestión que se lle poda presentar o usuario/a ante unha entrevista de traballo e que requira dunha resposta rápida e o máis inmediata posible.
MEDIDAS DE CONCILIACIÓN
- Aposta polo uso de novas tecnoloxías para reducir a presencialidade e facilitar o seguimento das accións.
- Adaptación horarios, principalmente nas accións individuais, ás necesidades das persoas usuarias.
- Amplas posibilidades de interacción e participación, favorecendo a iteración flexibilidade, adaptación a cada usuario.
- Adecuación de horarios das actividades programadas a horario escolar
- Sensibilización transversal en cada unha das actividades do proxecto
- Persoalización e adaptación das actividades do programa ás necesidades dos usuarios
- Servizo de gardería e asistencia a dependentes: convenio con centros especializados de atención
CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA
PROPOSTA FORMATIVA | |
Formación Transversal: | Ofimática Ciberseguridade Alemán no entorno profesional: Nivel básico Inglés no entorno profesional: Nivel intermedio |
Formación para o emprego: | Curso 1: Carretilleiro Curso 2: Monitor/a de tempo libre Curso 3: Operacións básicas de restaurante e bar Curso 4: Atención sociosanitaria Curso 5: manipulador/a de alimentos Curso 6: Igualdade Curso 7: Prevención de riscos Laborais Curso 8: Fundamentos de robótica Curso 9: Arteterapia ou creatividade e pensamento lateral Curso 10: Dietética e nutrición Curso 11: Guía turístico Formación acreditable: |
Obradoiros: | Coaching: Intelixencia emocional. Técnicas para a busca de emprego. Coaching: Intelixencia emocional. Motivación para o autoemprego. Como emprender. Ideas de negocio e viabilidade Elaboración de plan de negocio emprendedores. Elaboración de CV e cartas e presentacións profesionais eficaces Creación de videocurrículums e portfolios Habilidades para afrontar con éxito entrevistas de traballo Claves para falar en público Procura de emprego a través da rede Traballando a resiliencia e a autoconfianza Obradoiros sobre mobilidade xeográfica |
NECESITAS TRABALLADORES/AS PARA A TÚA EMPRESA?
Este programa invita a tódalas empresas que desexen contratar persoal a poñerse en contacto coa CEC a través de pie@cec.es