Programa Integrado de Emprego de Confederación de Empresarios de La Coruña 2022/23

O Programa Integrado de Emprego de Confederación de Empresarios de La Coruña 2022/23, é un proxecto intregrado de emprego con intermediación laboral, gratuito, da Confederación de Empresarios de La Coruña, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, cuxo obxectivo é mellorar a empregabilidade e a inserción laboral de 100 persoas traballadoras desempregadas da Coruña, pertencentes aos colectivos identificados como prioritarios.

Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa consistente de 7€ por cada 5 horas de aproveitemento das accións.

OBXECTIVOS XERAIS

Primeiro Obxectivo

Facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas participantes no Plan

Segundo Obxectivo

Aumentar a súa formación e habilidades para a inserción laboral, mellorando os seus coñecementos, actitudes e aptitudes para a empregabilidade.

Tercer Obxectivo

Levar a cabo procesos de intermediación laboral entre empresas e os participantes

COLECTIVOS BENEFICIARIOS

Persoas da Coruña en situación de desemprego.
Persoas desempregadas con discapacidade 5
Persoas desempregadas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social 5
Mulleres desempregadas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero 5
Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación 35
Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas 20
Persoas desempregadas maiores de 45 15
Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI) 5
Mulleres desempregadas 5
Persoas desempregadas migrantes 5
Total 100

ASPECTOS INNOVADORES

  • Metodoloxía adaptada ás necesidades dos usuarios
  • Uso de novas tecnoloxías para favorecer a comunicación cos usuarios e o acceso aos contidos do programa
  • Uso de redes sociais para conseguir unha mellor comunicación
  • Canles de  comunicación cos orientadores/as do Programa, para interactuar entre eles en todo momento, para facilitar a resolución de dúbidas ou calquera cuestión que se lle poda presentar o usuario/a ante unha entrevista de traballo e que requira dunha resposta rápida e o máis inmediata posible.
  • Aula virtual que permitirá a interacción do profesorado en tempo real a través dun escenario de ensino sincrónico. Permitindo tamén poder ver as clases gravadas en diferido.
  • Modalidade teleformación para que as persoas beneficiarias poidan aprender ao seu propio ritmo.

MEDIDAS DE CONCILIACIÓN

  • Aposta polo uso de novas tecnoloxías para reducir a presencialidade e facilitar o seguimento das accións.
  • Adaptación horarios, principalmente nas accións individuais, ás necesidades das persoas usuarias.
  • Amplas posibilidades de interacción e participación, favorecendo a iteración flexibilidade, adaptación a cada usuario.
  • Adecuación de horarios das actividades programadas a horario escolar
  • Sensibilización transversal en cada unha das actividades do proxecto
  • Persoalización e adaptación das actividades do programa ás necesidades dos usuarios
  • Servizo de gardería e asistencia a dependentes: convenio con centros especializados de atención

CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA

Os beneficiarios/as do proxecto gozarán da formación a partir de xaneiro de 2023, divididas en:
PROPOSTA FORMATIVA
Formación Transversal: ELEE034PO Blockchain – Presencial (25 horas)
ARGG002PO Diseño gráfico vectorial con adobe illustrator (básico)- Presencial (80 horas)
FCOE10 Inglés Intermedio- Presencial (36 horas).
ADGD056PO Creación de Empresas on-line- Teleformación (60 horas)
ADGG071PO Redes Sociais e empresa- Teleformación (40 horas)
SSCE001PO Teleformación para docentes- Teleformación (50 horas)
Formación para o emprego: ESPECIALIDADES FORMATIVAS INCLUIDAS NO CATÁLOGO DE ESPECIALIDADES DO SEPE:
SSCB01 Deseño e Xestión de Proxectos Culturais – Presencial (200 horas)
ADGG077PO Técnicas Administrativas- Teleformación (50 horas)
FCOM01 Manipulador de Alimentos- Presencial (10 horas)
SSCB004PO El deporte como herramienta dinamizadora- Presencial (30 horas)
AFDA005PO Deporte para personal con discapacidade intelectual- Presencial (20 horas)
ADGD079PO Deseño e avaliación de proxectos sociais- Presencial (45 horas)
ADGD29 Ley de Igualdade e Violencia de Xénero- Presencial (20 horas)
COMT05 Visual merchandising y escaparatismo en el sector re-tail- Teleformación (90 horas)

OUTRA FORMACIÓN:
Dinamización do Medio Rural – Aula Virtual (60 horas)
Acreditación Docente para a Teleformación – Teleformación (60 horas)

Obradoiros: ADGD089PO Emprendemento: Nocións – Teleformación (36 horas)
TMVI06Mobilidade intelixente para un futuro post-COVID19 – Teleformación (20 horas)
Habilidades Sociolaborais- Presencial (5 horas)
Simulacións de entrevistas – Presencial (5 horas)
Intelixencia emocional – Presencial (5 horas)
Coaching de vida e técnicas de motivación- Presencial (5 horas)

NECESITAS TRABALLADORES/AS PARA A TÚA EMPRESA?

Este programa invita a tódalas empresas que desexen contratar persoal a poñerse en contacto coa CEC a través de pie@cec.es

Programas Integrados de Emprego de Galicia