Programa Integrado de Emprego da CEC 2020-2021
O Programa Integrado de Emprego da CEC 2020-2021, é un proxecto intregrado de emprego con intermediación laboral, gratuito, da Confederación de Empresarios de La Coruña, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, cuxo obxectivo é mellorar a empregabilidade e a inserción laboral de 100 persoas traballadoras desempregadas da Coruña, pertencentes aos colectivos identificados como prioritarios.
Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa consistente de 7€ por cada 5 horas de conexión.
OBXECTIVOS XERAIS
Primeiro Obxectivo
Segundo Obxectivo
Tercer Obxectivo
COLECTIVOS BENEFICIARIOS
Persoas desempregadas con discapacidade | 5 |
Persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) | 5 |
Persoas desempregadas mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero | 5 |
Menores de 30 anos | 65 |
Migrantes | 5 |
Persoas desempregadas maiores de 45 anos | 5 |
Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción | 5 |
Mulleres | 5 |
Total | 100 |
ASPECTOS INNOVADORES
- Metodoloxía adaptada ás necesidades dos usuarios
- Uso de novas tecnoloxías para favorecer a comunicación cos usuarios e o acceso aos contidos do programa
- Uso de redes sociais para conseguir unha mellor comunicación
- Canles de comunicación cos orientadores/as do Programa, para interactuar entre eles en todo momento, para facilitar a resolución de dúbidas ou calquera cuestión que se lle poda presentar o usuario/a ante unha entrevista de traballo e que requira dunha resposta rápida e o máis inmediata posible.
- Aula virtual que permitirá a interacción do profesorado en tempo real a través dun escenario de ensino sincrónico. Permitindo tamén poder ver as clases gravadas en diferido.
- Modalidade teleformación para que as persoas beneficiarias poidan aprender ao seu propio ritmo.
MEDIDAS DE CONCILIACIÓN
- Aposta polo uso de novas tecnoloxías para reducir a presencialidade e facilitar o seguimento das accións.
- Adaptación horarios, principalmente nas accións individuais, ás necesidades das persoas usuarias.
- Amplas posibilidades de interacción e participación, favorecendo a iteración flexibilidade, adaptación a cada usuario.
- Adecuación de horarios das actividades programadas a horario escolar
- Sensibilización transversal en cada unha das actividades do proxecto
- Persoalización e adaptación das actividades do programa ás necesidades dos usuarios
- Servizo de gardería e asistencia a dependentes: convenio con centros especializados de atención
CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA
PROPOSTA FORMATIVA | |
Formación Transversal: | Copywriting Galego Inglés Oral Ciberseguridade |
Formación para o emprego: | Curso 1: Acreditación Docente para Teleformación Curso 2: Atención a persoas dependentes Curso 3: Carretilla elevadora e traspaleta Curso 4: Dinamizador/a do Medio Rural Curso 5: Manipulador de Alimentos Curso 6: Monitor/a de tempo libre Formación acreditable: |
Obradoiros: | Coaching de vida Elaboración de CV e presentacións profesionais eficaces Entrevista de traballo Habilidades sociolaborais: Oratoria Intelixencia emocional para a procura de emprego (allea ou propia) Obradoiro de mobilidade xeográfica Procura de emprego a través da rede Viabilidade e plan de negocio: Emprendemento |
NECESITAS TRABALLADORES/AS PARA A TÚA EMPRESA?
Este programa invita a tódalas empresas que desexen contratar persoal a poñerse en contacto coa CEC a través de pie@cec.es