PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE LA CORUÑA 2026/27
O Programa Integrado de Emprego de Confederación de Empresarios de La Coruña 2026/27 é un programa gratuíto de orientación, formación e intermediación laboral, desenvolvido pola Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC) e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).
O seu obxectivo é mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción laboral de 100 persoas desempregadas maiores de 52 anos, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), mediante itinerarios personalizados que combinan orientación laboral, formación especializada, desenvolvemento de competencias e contacto directo co tecido empresarial.
O programa desenvolverase na provincia da Coruña, con actuacións nas zonas da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela, prestando especial atención á valorización da experiencia profesional e á superación das barreiras asociadas á idade no acceso ao emprego.
Todas as persoas participantes terán dereito a percibir unha bolsa de asistencia de 10 € por día de asistencia ás accións do programa, de acordo coas condicións establecidas.
OBXECTIVOS XERAIS

Primeiro Obxectivo

Segundo Obxectivo

Tercer Obxectivo
COLECTIVOS BENEFICIARIOS
| Colectivo | Participantes |
| Persoas desempregadas maiores de 52 anos, inscritas no SPEG | 100 |
| Total |
ASPECTOS INNOVADORES
- Metodoloxía adaptada ás necesidades das persoas participantes, mediante itinerarios personalizados que teñen en conta as súas competencias, experiencia e expectativas profesionais.
- Intermediación laboral sen nesgos de idade, mediante ferramentas de intelixencia artificial que permiten relacionar ofertas de emprego con perfís profesionais anonimizados, evitando prexuízos asociados á idade nos procesos de selección.
- Mapa do Proxecto, unha ferramenta visual e interactiva para realizar o seguimento individualizado dos avances e dos fitos formativos e laborais alcanzados durante o itinerario de inserción.
- Dixitalización práctica, orientada á realización de trámites reais coa Administración electrónica, como Chave365, sedes electrónicas e servizos do SEPE e do SPEG.
- Acreditacións dixitais, que facilitarán o recoñecemento das competencias adquiridas ao longo do programa.
MEDIDAS DE CONCILIACIÓN
- Adaptación dos horarios das actividades ás necesidades persoais e familiares das persoas participantes.
- Preferencia polos horarios de mañá, procurando a compatibilidade co horario escolar e coas responsabilidades familiares.
- Posibilidade de realizar titorías telemáticas ou telefónicas cando existan necesidades debidamente xustificadas.
- Flexibilidade na atención individualizada para facilitar a participación e continuidade no programa.
- Apoio na xestión de axudas e servizos de conciliación para o coidado de menores ou persoas dependentes.
CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA
Formación Transversal
| Acción formativa | Modalidade |
| Saúde, nutrición e dietética | Teleformación |
| Introdución á intelixencia artificial | Presencial |
| Ciberseguridade | Teleformación |
| Igualdade entre mulleres e homes, conciliación e corresponsabilidade familiar e doméstica | Teleformación |
| Inglés | Teleformación |
| Competencias dixitais básicas | Presencial |
| Competencias dixitais avanzadas | Teleformación |
Formación para o emprego
| Acción formativa | Modalidade |
| Coidados auxiliares básicos en enfermería | Teleformación |
| Seguridade alimentaria, manipulación e control de alimentos | Presencial |
| Introdución á tecnoloxía de impresión 3D | Presencial |
| Organización do almacén | Presencial |
| Formación de formadores para a formación profesional para o emprego | Teleformación |
| Acompañante de transporte escolar | Presencial |
| Función loxística e optimización de custos | Presencial |
| Condución eficiente | Presencial |
| Operador de carretillas elevadoras | Presencial |
| Certificado de Aptitude Profesional (CAP) para condutores – Renovación | Presencial |
Obradoiros
| Acción formativa | Modalidade |
| Talento Senior en Acción | Presencial |
| Dominando a Entrevista e o Talento Senior A-AI | Presencial |
| Senior Entrepreneurship: A túa experiencia como modelo de negocio | Presencial |
| Trámites, dixitalización e axudas para o autoemprego en Galicia | Presencial |
| Oportunidades de emprego transnacional e Rede EURES para perfís experimentados | Presencial |
| Mobilidade xeográfica de proximidade: Nodos industriais e loxísticos da provincia | Presencial |
COMPROMISOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES
As persoas participantes deberán implicarse activamente no desenvolvemento do seu itinerario de inserción laboral, asumindo os seguintes compromisos:
- Asistir a un mínimo de 5 sesións individuais de orientación.
- Participar e completar un mínimo de 3 actividades do programa, como cursos ou obradoiros.
- Cubrir os cuestionarios de avaliación da calidade ao finalizar cada acción desenvolvida.
NECESITAS TRABALLADORES/AS PARA A TÚA EMPRESA?
Este programa invita a todas as empresas interesadas en incorporar persoal aos seus equipos a poñerse en contacto coa CEC a través de pie@cec.es.
As empresas poderán colaborar nos procesos de intermediación laboral, acceder a perfís profesionais con experiencia e contribuír á inserción laboral de persoas maiores de 52 anos, favorecendo o aproveitamento do talento sénior.

